O futuro da alimentación e a agricultura: tendencias e desafíos


El futuro de la alimentación y la agricultura: tendencias y desafíos

15 de Xuño de 2017
Dinamización rural

O informe da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) ofrece unha visión xeral dos desafíos aos que se enfrontan a agricultura e os sistemas alimentarios na actualidade e no futuro.


15 de xuño de 2017

A pregunta clave que suscita este informe é se, no futuro, os sistemas agrícolas e alimentarios mundiais poderán satisfacer de forma sostible as necesidades dunha poboación mundial en crecemento.

Estímase que para o ano 2050 a humanidade podería chegar aos 10.000 millóns de persoas (actualmente somos máis de 7.500 millóns). Se asumimos un escenario de crecemento económico moderado, este aumento demográfico impulsará a demanda mundial de produtos agrícolas nun 50 % en comparación cos niveis actuais. Co crecemento económico, espérase que máis persoas consuman menos cereais e máis carne, froitas, verduras e alimentos procesados, como resultado dunha transición dietética global en curso que seguirá exercendo unha maior presión sobre os xa escasos recursos naturais .

O documento identifica as tendencias e os desafíos que afectan aos sistemas alimentarios mundiais e expón un desafío clave ao que nos enfrontaremos no futuro: producir máis con menos .

Segundo o informe, o mundo terá que adoptar sistemas alimentarios máis sostibles que fagan un uso máis eficiente da terra, a auga e outros recursos. Tamén será necesario reducir o uso de combustibles fósiles e lograr unha redución dos niveis de residuos . Isto requirirá un maior investimento nos sistemas agrícolas e agroalimentarios, así como un maior gasto en investigación e desenvolvemento para promover a innovación , apoiar o aumento da produción sostible e atopar mellores xeitos de abordar problemas como a escaseza de auga e o cambio climático .

Os autores instan a unha reflexión a longo prazo, tendo en conta todas as variables: o cambio climático, o crecemento da poboación, os recursos naturais dos que dependemos... Animan a unha profunda transformación nos sistemas agrícolas, as economías rurais e a xestión dos recursos naturais para abordar os moitos desafíos do futuro e aproveitar todo o potencial da alimentación e a agricultura, garantindo un futuro sostible para todo o planeta e para todos os que vivimos nel.