O financiamento, elemento fundamental para pór en marcha ou mellorar as explotacións e empresas rurais, centra este número de Savia Rural. Falamos de entidades e iniciativas para facela máis accesible, colaboradas polo Ministerio de Agricultura: como a Sociedade Española de Garantía Agraria (SAECA), cuxa función nos explica o seu presidente, Pablo Pombo, na entrevista de apertura; ou o Instrumento Financeiro de Xestión Central, que está a facilitar o acceso ao crédito en varias comunidades autónomas; ou AgroInnpulso , unha liña da Empresa Nacional de Innovación (ENISA) para financiar empresas agroalimentarias. Destacamos tamén o importante papel do financiamento LEADER nunha clínica veterinaria de Tierra de Campos e en tres proxectos de restauración do patrimonio na Rioxa; ou seguro agrario nunha explotación frutícola de Lleida. E ensinamos, entre outros contidos, o traballo dinámico de organizacións como COCEDER e a asociación xove andaluza Rurales en Red.
