Inverno 2025

O relevo xeracional é o tema central deste número de Savia Rural . O acceso á terra, o financiamento e a formación son os piares de varias iniciativas que describimos nos nosos artigos, entre elas algunhas entidades europeas. Entrevistamos ao agricultor holandés Peter Meedendorp, presidente do Consello Europeo de Xóvenes Agricultores; Amosamos o labor formativo da Fundación Cooprado no seu Espazo de Probas Agrarias e na súa escola de pastores; e abordamos a actuación de Relleu Agrari en Cataluña, para que os mozos agricultores poidan continuar coa actividade dos que abandonan as súas terras. Comentamos o traballo facilitador de Terractiva aos novos incorporados ao sector agrario galego, moitos dos cales non teñen antecedentes familiares no sector; unha circunstancia que comparten os multipremiados criadores de OmañaCea, en León. E mostramos pegadas do campesiñado galego sen relevo en Lumes , proxecto fotográfico de Adra Pallón.

Invierno 2025
Fecha