Xa está aberta a inscrición para o curso "Emprendemento para pequenas empresas no rural".


Curso "Emprendimiento para pequeñas empresas en el medio rural"

02 de Outubro de 2017
Dinamización rural

O curso, desenvolvido no marco do Plan de Formación 2017 do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, é gratuíto e presencial. Terá lugar en Madrid do 24 ao 26 de outubro. O prazo de inscrición remata o mércores 18 de outubro.


A diversificación económica demostrou ser un elemento indispensable das economías rurais. As zonas rurais poden proporcionar aos seus habitantes altos niveis de calidade de vida, así como unha gran cantidade de recursos sociais e ambientais para o desenvolvemento empresarial. Non obstante, os emprendedores rurais adoitan carecer de formación empresarial específica. Este curso lanzase baseándose na convicción de que unha mellora dos niveis de formación pode proporcionar aos emprendedores maiores oportunidades de éxito no desenvolvemento das súas ideas de negocio.

O obxectivo do curso "Emprendemento para pequenas empresas no rural ", organizado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal, é revisar as principais ferramentas útiles para lanzar e desenvolver proxectos emprendedores no rural, facéndoos máis rendibles e competitivos.

Para iso, revisaranse as calidades básicas que require un emprendedor, así como as características específicas do desenvolvemento empresarial no rural. Explorarase en profundidade o desenvolvemento de modelos de negocio, as estratexias de comunicación e o uso das redes sociais. Para concluír o curso, presentaranse dous casos de boas prácticas en emprendemento.

O programa do curso e as instrucións de inscrición pódense atopar na seguinte ligazón .