
27 de Febreiro de 2017
Innovación
A Asociación Europea para a Innovación en materia de Produtividade e Sostibilidade Agrícolas (EIP-AGRI) lanza unha nova convocatoria de expertos en adaptación e mitigación do cambio climático nos sectores forestal e gandeiro.
27 de febreiro de 2017
A EIP-AGRI creou dous novos grupos de discusión europeos sobre:
- Novas prácticas e ferramentas forestais para a adaptación e mitigación do cambio climático .
- A influencia do pastoreo na formación de carbono no solo .
Poderán participar nesta convocatoria aquelas persoas con experiencia práctica ou coñecementos específicos nos temas tratados nestes Grupos Focais. A data límite para a presentación de solicitudes é o xoves 23 de marzo de 2017 (23:59 h).
Toda a información sobre a convocatoria e o formulario de solicitude está dispoñible no sitio web do EIP-AGRI.
Máis información sobreos grupos focais europeos dispoñible na web e neste folleto