
01 de Setembro de 2016
A DG AGRI celebra a segunda Conferencia Europea sobre Desenvolvemento Rural en Cork
07.09.2016
Vinte anos despois da celebración en Cork (Irlanda) da Primeira Conferencia Europea sobre Desenvolvemento Rural, cuxas conclusións se coñecen como a Declaración de Cork , a Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea organizou a segunda edición deste evento, que tivo lugar os días 5 e 6 de setembro de 2016 no mesmo lugar. A Segunda Conferencia Europea sobre Desenvolvemento Rural reuniu a máis de 300 participantes, que debateron os desafíos actuais e futuros aos que se enfrontan as zonas rurais europeas e as posibles respostas que pode proporcionar a Política Europea de Desenvolvemento Rural.
A Declaración de Cork 2.0 contén dez principios orientadores para a política europea de desenvolvemento rural:
1. Promover a prosperidade das zonas rurais
2. Fortalecer as cadeas de valor nas zonas rurais
3. Investir na viabilidade e vitalidade das zonas rurais
4. Preservar o medio rural
5. Xestionar os recursos naturais
6. Estimular a acción contra o cambio climático
7. Promover o coñecemento e a innovación
8. Mellorar a gobernanza rural
9. Avanzar na aplicación de políticas e na simplificación dos procesos administrativos
10. Mellorar o rendemento e a responsabilidade
O programa da conferencia: Programa CORK 2.0
As sesións foron transmitidas en directo na seguinte ligazón: CORK 2.0 LiveStream
Máis información no sitio web da DG AGRI da Comisión Europea: Información sobre CORK 2.0
Conclusións da 2.ª Conferencia Europea sobre Desenvolvemento Rural : Declaración CORK 2.0