6ª Reunión das Redes Rurais Nacionais


6ª reunión de las Redes Rurales Nacionales

10 de Novembro de 2016
Dinamización rural

A gobernanza foi o tema central da sexta reunión de Redes Rurais Nacionais celebrada en Senec (Eslovaquia) para coordinar actividades e formación neste eido.


10.11.2016

A sexta reunión das Redes Rurais Nacionais celebrouse en Senec (Eslovaquia) os días 8 e 9 de novembro, organizada pola Rede Rural Eslovaca . Esta reunión enmárcase nas reunións periódicas para a coordinación de actividades e formación das redes rurais nacionais convocadas pola Rede Europea de Desenvolvemento Rural (REDR). Asistiron representantes de redes rurais nacionais de quince Estados membros da UE.

A reunión centrouse na gobernanza das redes rurais nacionais: a súa estrutura e o seu papel. Para comprender a gobernanza de cada unha das redes rurais nacionais, o Punto de Contacto da REDR solicitou información a cada unha delas, que foi estandarizada nun modelo de perfil. Estes perfís están dispoñibles para a súa consulta no sitio web da REDR . Dúas redes rurais nacionais, Finlandia e o país anfitrión, Eslovaquia, presentaron o seu modelo de gobernanza e as súas actividades durante esta reunión.

Outros temas tratados na reunión incluíron os avances no traballo temático, así como ferramentas e métodos que engaden valor ao traballo das redes para involucrar a un maior número de participantes. A cooperación coa Autoridade Nacional de Desenvolvemento Rural (ENRD) e o apoio e os recursos que as redes rurais nacionais poden obter dela tamén foron temas tratados durante a reunión.

Presentáronselles aos asistentes a recente Conferencia de Desenvolvemento Rural Cork 2.0 e os dez principios acordados para a política de desenvolvemento rural. Representantes de cada unha das redes rurais nacionais presentes tiveron a oportunidade de compartir co resto as actividades levadas a cabo nos seus países así como as previstas para un futuro próximo en relación cos principios incluídos na Declaración de Cork 2.0.

Máis información (en inglés) sobre esta reunión pódese atopar na seguinte ligazón  

A próxima reunión das Redes Rurais Nacionais celebrarase en Portugal en marzo de 2017.