A OCDE e a FAO lanzan un novo estudo sobre as perspectivas agrícolas e pesqueiras para os próximos dez anos.


La OCDE y la FAO lanzan un nuevo estudio sobre las perspectivas agrícolas y pesqueras

23 de Xaneiro de 2018

A OCDE e a FAO lanzan un novo estudo sobre as perspectivas agrícolas e pesqueiras para os próximos dez anos.


23.01.18

Este novo informe, elaborado pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos ( OCDE) e a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación ( FAO ), ofrece unha visión xeral completa das perspectivas agrícolas para a próxima década, abranguendo a produción, o comercio, os riscos e as incertezas, e os prezos dos produtos agrícolas e pesqueiros a nivel mundial, rexional e nacional. Tamén avalía as condicións macroeconómicas e políticas existentes.

Segundo este estudo, as condicións nos mercados agrícolas están fortemente influenciadas por variables macroeconómicas como o crecemento do produto interior bruto (PIB) mundial (que apoia a demanda de produtos agrícolas) e o prezo do petróleo cru (que determina o prezo de varios insumos para o sector agrícola e inflúe na demanda de cereais, cultivos de azucre e aceites vexetais a través do mercado de biocombustibles).

A avaliación da situación dos produtos básicos (cereais, sementes oleaxinosas e os seus produtos, azucre, carne, produtos lácteos e os seus derivados, peixe e marisco, biocombustibles e algodón) indica que os prezos reais de case todos eles permanecerán estables ou baixarán.

Segundo este estudo da OCDE e da FAO, o crecemento futuro da produción agrícola conseguirase principalmente mediante un aumento dos rendementos e da produción de carne e lácteos, debido tanto ao aumento das existencias de gando como á mellora dos rendementos. Espérase que o comercio agrícola creza máis lentamente, pero seguirá sendo menos sensible ás débiles condicións económicas que o comercio doutros sectores.

Finalmente, dedícase unha sección ás perspectivas e aos desafíos do sueste asiático, observando o desenvolvemento da agricultura e a pesca nesta rexión e identificando o espazo para a mellora sostible da produtividade agrícola.