Enquisa DIGI-Rangeland sobre tecnoloxías dixitais e xestión de pastos

No marco do proxecto europeo DIGI-Rangeland , está a levarse a cabo unha enquisa dirixida a axentes non gandeiros do territorio que están vinculados directa ou indirectamente á xestión de pastos, sistemas extensivos e zonas rurais.

O proxecto DIGI-Rangeland ten como obxectivo mellorar a sustentabilidade e a viabilidade da gandería extensiva mediante a incorporación de tecnoloxías dixitais. Cunha abordaxe multilateral en 10 países europeos, o proxecto busca conectar agricultores, investigadores, asesores, organizacións locais e provedores de tecnoloxía para compartir coñecementos, identificar barreiras e promover solucións prácticas baseadas en datos.

Entre os seus principais obxectivos inclúense a creación dunha rede europea de innovación en tecnoloxías dixitais para pastos, a identificación de ferramentas adaptadas ás necesidades reais dos usuarios, a análise dos obstáculos para a súa adopción, a mellora da formación de agricultores, asesores e estudantes, e a contribución a unha xestión dos pastos máis sostible, eficiente e resiliente.

A participación nesta enquisa é esencial para comprender mellor as necesidades, percepcións e oportunidades relacionadas coa dixitalización dos sistemas de pastoreo e a xestión da terra.

Podes participar a través da seguinte ligazón:

https://fundatia-adept.limesurvey.net/138716?lang=es

Moitas grazas pola vosa colaboración! Cantas máis respostas recibamos, máis útiles serán os resultados para avanzar cara a unha xestión de pasteiros máis sostible e innovadora.