Curso - Intelixencia Artificial na Agricultura: datos, modelos e solucións para a toma de decisións
Datas: 24, 25 e 26 de novembro e 2 e 3 de decembro de 2026
Formación completamente gratuíta en formato semipresencial ( en liña/presencial) centrada na aplicación eficaz da intelixencia artificial no entorno agrícola.
Este curso ofrece unha visión práctica das principais aplicacións da intelixencia artificial no sector agroalimentario, dende a adquisición e xestión de datos ata o desenvolvemento de modelos preditivos, sistemas de visión artificial, asistentes intelixentes, plataformas de IoT e xemelgos dixitais.
A formación está dirixida a:
- Técnicos e asesores no sector agrícola.
- Persoal de empresas de agrotecnoloxía e TIC.
- Técnicos de cooperativas, organizacións de produtores e empresas agroalimentarias.
- Enxeñeiros/as agrónomos/as, enxeñeiros/as forestais/as e outros perfís técnicos vinculados ao sector agroalimentario.
- Persoal de Administracións Públicas e entidades vinculadas ao desenvolvemento agrario.
- Ámbito universitario e académico.
- Agricultores e outros profesionais do sector primario con competencias dixitais básicas.

Inscrición aberta ata o 17 de novembro





