A AFAMMER (Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural), con financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, organiza as xornadas " As mulleres rurais, unha forza imparable que transforma o campo e sementa o futuro ", un espazo para a reflexión e a aprendizaxe sobre o papel das mulleres no desenvolvemento rural.
A conferencia celebrarase en Arnoia (Ourense) e nela abordaranse cuestións clave como as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) no rural; agricultura familiar e propiedade compartida. Ao final haberá un debate e unha lectura de conclusións.
📅 Data: 17 de maio de 2025
🕙 Horario: A partir das 10:00 h.
📍 Lugar: Salón de actos da cooperativa Armonía Outeiro Cruz n/ 40, CP: 32417, A Arnoia-Ourense.
Se estás interesado/a en asistir e participar neste evento, ponte en contacto con AFAMMER no enderezo chari@afammer.es ou chámanos ao +34 926 23 27 98 .
