MICORRIZAS NA PRODUCIÓN AGROFORESTAL

Comprácenos informarvos de que xa está aberta a matrícula para o Curso de Verán da USC:

Micorrizas na produción agroforestal

📅 Datas: 8-11 de xullo
📍 Localización: Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
🔗 Máis información e inscricións: Micorrizas na produción agroforestalCiencias e Enxeñarías | Universidade de Santiago de Compostela

Este curso abarcará aspectos teóricos e prácticos relacionados co papel das micorrizas na sustentabilidade e mellora da produción agroforestal, coa participación de investigadores e profesionais especializados no campo. O programa inclúe un obradoiro de micorrización e unha excursión de campo.